Descobren novos petróglifos na zona das obras do futuro polígono eólico Acibal

Veciñanza de Amil, Campo Lameiro e Xeve solicitan que se deteña a construción de maneira cautelar para estudar os cambios nos biomas afectados.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 18/04/2023 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Veciñanza de Amil, Campo Lameiro e Xeve notificaron a descuberta de novos petróglifos na zonas das obras do futuro polígono eólico Acibal. En concreto, trátanse de dous tetrasqueis, que se suman aos cinco antes atopados, ademais dun chozo rodeado de varias marcas en pedras.

Petróglifo atopado na contorna do polígono eólico Acibal.
Petróglifo atopado na contorna do polígono eólico Acibal.

A veciñanza sinala que este feito coincidiu coa corroboración, mediante informes de expertos en dafoloxía da Universidade de Santiago (USC), que a zona das Brañas de Amil e parte da súa contorna son en realidade turbeiras, un hábitat protexido pola Unión Europea. Os veciños remitiron este informe ao Concello de Pontevedra e remitirano ás distintas administracións, xa que sinalan que non se tivo en conta na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) e creen que cambia "de maneira drástica" o tipo de medidas a adoptar para protexer a zona.

Neste sentido, a veciñanza afirma seguir "aunando esforzos para trasladarlle a Concello de Pontevedra, a Administración pública e autoridades competentes os seus achádegos, sen lograr que ningunha se decida todavía a deter cautelarmente as obras para estudar os cambios nos biomas afectados e o patrimonio, sendo destuído irremendiablemente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta