Identificado en Baleares un home que estafou por internet a un lucense cun electrodoméstico

A Policía tamén imputan senllos delitos de estafa a dúas empregadas dunha tenda de produtos informáticos da cidade de Lugo.

Por E.P. | LUGO | 19/04/2023 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Funcionarios da Policía Local de Lugo identificaron un home en Baleares acusado de estafar a través de Internet a un veciño coa compra dun electrodoméstico. Segundo informaron a través dun comunicado, a presunta vítima da estafa denunciou ante a Policía en Lugo que, tras comprar o electrodoméstico a través de Internet por valor de 250 euros nunha aparente tenda electrónica, non recibiu ningún artigo.

Vehículos da Policía Local
Vehículos da Policía Local | Fonte: EP

Por parte dos investigadores realizouse un rastrexo da venda e do pago efectuado pola vítima, dando como resultado a identificación do agora imputado por un delito de estafa, un home con residencia nas illas Baleares. A Policía Nacional lucense comunicou este feito ás Forzas e Corpos de Seguridade insulares para continuar coa tramitación penal dos feitos.

Por outra parte, os axentes tamén imputan senllos delitos de estafa a dúas empregadas dunha tenda de produtos informáticos da cidade de Lugo, que presuntamente defraudaron varios centos de euros a través de compra-vendas fraudulentas. A denuncia presentada polos responsables de seguridade da empresa indicaba que, tras un rastrexo ordinario da actividade dos empregados da empresa, detectaron que as dúas traballadoras utilizaban un sistema de bonos por entrega de produtos, usando contas fraudulentas para beneficiarse economicamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta