O home atopado momificado en Monterrei vivíasó

Morreu en outubro pero os familiares non deron aviso ata este 18 de abril.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/04/2023 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia



A Garda Civil localizou este pasado mércores no municipio ourensán de Monterrei o corpo sen vida dun home de 75 anos, desaparecido desde o mes de outubro.

Tal como informaron fontes da Benemérita, foi sobre as 14,00 horas cando se produciu o achado nun galpón anexo á súa vivenda.

As mesmas fontes explicaron que un sobriño do falecido informou á Garda Civil o martes, 18 de abril, da desaparición do home, indicando que non sabía nada del desde o 1 de outubro.

Así mesmo, esta persoa tamén aseguraba que o home non tiña relación nin coa familia nin cos veciños da zona.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta