O conselleiro de cultura presume do "dinamismo e calidade" do audiovisual galego

Lembrou que esta primavera se estrearon "destacados títulos" rodados en Galicia

Por E.P. | OURENSE | 20/04/2023 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou o "gran dinamismo e calidade" do audiovisual galego, durante a preestrea da longametraxe Honeymoon de Enrique Otero, no Teatro Principal de Ourense.

O teatro ourensán acolleu este xoves a proxección do filme no seu primeiro pase en Galicia, tras a súa selección no Festival de Cinema de Málaga. Román Rodríguez, que lembrou que esta primavera se estrearon "destacados títulos" rodados en Galicia, como Matria, Sica, Amigos para Sempre, Fatum ou a propia Honeymoon, felicitou ao director Enrique Otero e ao elenco, encabezado por Javier Gutiérrez e Natalie Poza.

A Xunta contribuíu á produción desta película con máis de 230.000 euros, a través dunha subvención outorgada á empresa ControlZ, que produce a longametraxe xunto con AccaMedia.

Honeymoon foi rodada durante unhas 6 semanas en zonas como Ourense, Culleredeo, Arteixo, O Grove e varios municipios da área compostelá (ademais de Valladolid). Ademais dos protagonistas, Javier Gutiérrez e Natalie Poza, completan a repartición outros destacados intérpretes, entre os que están galegos como María Vázquez, María Tasende, Antonio Durán Morris, Miquel Insua ou Sergio Zearreta.

A historia dun matrimonio con problemas económicos que ten que conseguir diñeiro para repatriar ao seu fillo, falecido en Estados Unidos, poderá verse tamén na inauguración do XX Festival de Cans, antes da súa chegada ás salas.

Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta