Rueda pídelle aos seus candidatos que non dediquen "nin un minuto" a nada que non sexa traballar

Destacou que a renovación do 40% das candidaturas en Pontevedra para o 28M

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou este domingo na presentación das 61 candidaturas dos populares da provincia do Pontevedra para as eleccións municipais do próximo 28 de maio, onde destacou a renovación de catro de cada 10 candidatos. "Somos un partido xeneroso á hora de incorporar xente nova e que continúa confiando en quen sabe facelo ben", reivindicou o líder dos populares galegos.

Alfonso Rueda considerou que a imaxe de "unidade" que transmitiron este domingo os 61 candidatos e candidatas da provincia é o reflexo de "a xenerosidade dos que deron un paso á beira pero seguen traballando, dos que xa estiveron e decidiron volver, dos que non puideron gobernar e queren volver tentalo, e dos que asumen o reto por primeira vez".

A todos eles pediulles que non dediquen "nin un minuto" a nada que non sexa traballar e dicirlle aos seus veciños o que xa fixeron e o que queren facer: "Tedes que ser os candidatos dos vosos veciños e pór os seus intereses por encima de todo. Hai que gañar, pero sobre todo convencer".

Fronte a esta unidade dos populares galegos que "ofrece candidaturas en todos os concellos galegos", Rueda sinalou que o BNG "sigue limitándose a ofrecer nacionalismo como receita para todo" e que o PSdeG están inmerso en "pelexas internas" porque "ninguén quere liderar o partido".

Así, insistiu en que os candidatos do PSOE son "os candidatos de Pedro Sánchez" e que "non hai un PSOE nos concellos e outro en España", senón que todos eles son "o mesmo". "Pedro Sánchez vaise a apropiar de calquera bo resultado que teña o seu partido na provincia", manifestou.

Candidatos do PPdeG na provincia de Pontevedra.. PPDEG
Candidatos do PPdeG na provincia de Pontevedra.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta