ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

9 un que non sabe

No BNG se non expulsades a alguén de vez en cando parece que non vivides tranquilos.

8 MANIPULA

O deste señor é impresionante. É un auténtico manipulador enfermizo, mirei na internet e parece que o botaron do BNG xa noutras dúas ocasións.
Concordo con quincon, hai que botalo por atacar ao BNG sistemáticamente.
A responsábel do BNG de Vigo di que só se nomeou unha comisión para investigar os seus feitos, pero él xa se adicou a vender que o botaran e a increpar ao BNG.
Vaites!

7 quin-con

Xa deberan telo feito hai tempo. Dame igual que sexa antipalestino, proasasinos, etarra ou karateka, o que non pode ser é ter no BNG a un tipo que odia ao BNG e así o ten manifestado, que di que os do BNG somos nazis, fascistas ou que non condeamos o holocausto, e sempre cando hai campaña eleitoral e mais dano pode facerlle ao BNG, chegando inclso a mobilizar ao cónsul de Israel nas súas acusacións sen fundamento contra o BNG.
VALADES FORA DO BNG.

6 Unoutro

Que boten a ese toupo infiltrado dunha vez, ou a que esperan a que a monte nas proximas eleccioóns?

5 un que sabe

Ascienden a siete muertos en ataques aéreos israelíes contra franja de Gaza
13:55 | 28/ 04/ 2008

Gaza/Tel Aviv, 28 de abril, RIA Novosti. Siete palestinos, entre ellos cinco niños, murieron en los ataques que la aviación israelí lanzó este lunes contra la parte norte de la franja de Gaza, informaron las fuentes médicas citadas por la radio local.

En los bombardeos, a los que se sometió la región de la ciudad de Beit Janun, fallecieron una mujer palestina y sus cuatro hijos, un adolescente y un activista de un grupo armado local.

El movimiento Hamas, gobernante en Gaza, declaró que en respuesta a la operación israelí, los milicianos palestinos lanzaron tres misiles contra la ciudad de Sderot, al sur de Israel.