ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

4 un que sabe

Cinco muertos, entre ellos tres niños, en ataques israelíes contra la franja de Gaza
11:37 | 28/ 04/ 2008

Gaza/Tel Aviv, 28 de abril, RIA Novosti. Cinco palestinos, incluidos tres niños, murieron este lunes en los ataques de la aviación israelí contra la parte norte de la franja de Gaza, informaron las fuentes médicas locales.

Los cuerpos de tres niños fueron hallados por debajo de los escombros de una casa en los suburbios de la ciudad de Beit Janun. Según las fuentes, su madre se debate entre la vida y la muerte. Aún no ha sido establecida la identidad de otro fallecido en el ataque aéreo.

En otro barrio de Beit Janun fue encontrado el cuerpo de quinta víctima mortal de los bombardeos.

Las fuentes del Ejército de Israel informaron de que en la ciudad se lleva a cabo una operación terrestre limitada, en el marco de la cual la aviación lanzó dos ataques contra grupos de palestinos armados. En la operación recibió herida leve un soldado israelí.

3 Félix

Ao marxe do espectáculo apolítico que está a dar un sector do BNG --que ben podería ser nomeado "tendencia maniquea"--, o máis rechamante deste "post" de Galicia Confidencial é o primeiro comentario, asinado por un "anónimo" --é dicir, unha persoa que agacha a súa identidade-- e que, pola contra, o único que lle interesa é coñecer a identidade do autor do texto informativo.

2 anónimo

Se no BNG queren acabar co conto, porqué teiman en expulsalo?

1 anónimo

Quén redactou este post???