Catro falecidos nos últimos días eleva a 4.132 as vítimas por COVID en Galicia

Do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 123 en unidades hospitalización, con 822 persoas no domicilio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2023 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

A morte de catro homes de entre 74 e 92 anos de idade que foran diagnosticadas con coronarivus elevou a 4.132 as vítimas da pandemia en Galicia.

Diso informou este mércores a Consellería de Sanidade, que detalla que estes últimos falecementos rexistráronse o 24 de abril e correspóndense cun home de 74 falecido na área de Santiago e de tres homes de 87, 91 e 92 anos que perderon a vida na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Mentres, o número de casos activos descende ao pasar dos 959 notificados o martes aos 951. Deles, 183 son da área da Coruña, 118 da de Lugo, 133 da de Ourense, 104 da de Pontevedra, 171 da de Vigo, 163 da de Santiago e 78 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 123 en unidades hospitalización, con 822 persoas no domicilio. Ata o momento en Galicia hai un total de 693.658 persoas curadas. O número de PCR realizadas é de 4.072.257 e as doses da vacina contra a covid-19 administradas é de 7.645.502.

Un home utiliza a aplicación móbil do Sergas para poñer a vacina contra a covid-19
Un home utiliza a aplicación móbil do Sergas para poñer a vacina contra a covid-19 | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta