Piden ás administraciós que atenda ás persoas que non acceden á administración electrónica

A CIG reclama unha atención "de calidade e sen discriminación" nas administracións públicas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/04/2023 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

CIG, no marco da campaña en demanda de atención presencial e por unha atención á cidadanía "de calidade e sen discriminación", xunto co colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da central, concentrouse nesta xornada na Coruña ante a Delegación do Goberno.

Na protesta denunciouse que "coa escusa da transformación dixital e a cita previa, a parte máis vulnerable da cidadanía está a ser expulsada sen pudor das nosas administracións e servizos públicos". O secretario nacional de CIG-Administración, Luís Carballo, subliñou que o avance nas tecnoloxías non pode implicar que haxa unha discriminación na atención á cidadanía.

"Entendemos que o futuro da administración será pola vía telemática e dixital pero non se pode desatender a demanda dunha grande parte da sociedade porque non teña os medios ou a formación adecuada".

Concentración convocada por CIG-Administración
Concentración convocada por CIG-Administración | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta