Rueda sobre Vázquez Almuíña: "será o candidato que levará o cambio a Baiona"

Por E.P. | VIGO | 26/04/2023 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou este mércores na presentación de Jesús Vázquez Almuíña como candidato á Alcaldía de Baiona , e destacou del que pode "abrir a porta ao cambio" neste municipio: "Non hai ninguén mellor".

Nun acto celebrado no Parador de Baiona, Alfonso Rueda referiuse ao "balance xestor" de Vázquez Almuíña, "un dos políticos en activo con máis traxectoria en Galicia" e lembrou que, "aínda podendo renunciar e asumir novos retos, preferiu escoller Baiona" para que a vila "recupere o tempo perdido".

Fronte a esta alternativa, apuntou, está o goberno municipal "multipartito" encabezado por un alcalde socialista, un goberno de "improvisación", "atraso" e "política estéril". Ademais, repetiu a mensaxe de que os socialistas funcionan "co único propósito de salvar a cadeira a Pedro Sánchez na Moncloa", mentres o BNG "vive das críticas e do 'non' permanente a todo".

Segundo Rueda, en Baiona "tamén goberna o sanchismo" e non votar polo PP equivale a "avalar pactos de perdedores". Por iso, reiterou que os baioneses e baionesas "teñen nas súas mans a chave para abrirlle a porta ao cambio", reactivar proxectos paralizados, e "volver facer do Concello unha institución ao servizo dos veciños".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; xunto a Jesús Vázquez Almuíña
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; xunto a Jesús Vázquez Almuíña | Fonte: EP

CONCELLO "ABERTO AOS VECIÑOS"

Pola súa banda, Jesús Vázquez Almuíña, trasladou o seu recoñecemento ao actual grupo municipal do PP, "valente, xeneroso e cunha vocación clara de servizo público", á vez que proclamou a súa intención de chegar ao goberno de Baiona para facer un Concello "aberto aos veciños".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta