O alumnado da ESO poderá escoller materias de intelixencia artificial e competencia financeira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2023 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que o Goberno autonómico vai incorporar o próximo curso tres novas materias optativas enfocadas á mellora das competencias financeiras e da intelixencia artificial, que contribuirán ao reforzo dos currículos académicos do ensino secundario obrigatoria (ESO) e de bacharelato.

"A nosa intención é ir un paso por diante das necesidades do futuro e preparar aos alumnos nas necesidades formativas do mañá", sinalou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Unha vez previstos todos os trámites administrativos, ademais do abanico de materias que xa existen actualmente, tal e como explicou Rueda introdúcense a optativas 'Cultura Financeira e Intelixencia artificial para a Sociedade', na etapa de ESO; e 'Tecnoloxías Intelixentes', na etapa de Bacharelato, que se ofertarán o próximo curso.

CULTURA FINANCEIRA

Segundo explica a Xunta, a introdución da materia de Cultura Financeira no sistema educativo galego responde as recomendacións dos estudos a nivel mundial que destacan a necesidade de iniciar a formación e alfabetización financeira, xa no ensino obrigatorio, cun enfoque baseado na sustentabilidade e a xestión responsable dos recursos individuais e colectivos.

Respecto dos contidos, a materia establécese en catro bloques temáticos: diñeiro e transaccións, planificación e orzamento, a xestión bancaria das finanzas persoais e educación ao consumidor.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

A materia de Intelixencia Artificial, que se ofertará para 4º de ESO e tamén cunha carga lectiva de tres horas semanais.  A materia estrutúrase en catro bloques: que é a intelixencia artificial, o impacto da intelixencia artificial (no que se abordarán cuestións como a ética, a sustentabilidade e os aspectos legais), áreas da intelixencia artificial (percepción e actuación, representación e razoamento, aprendizaxe automática e interacción natural) e aplicacións de intelixencia artificial (como a robótica autónoma ou a internet das cousas).

TECNOLOXÍAS INTELIXENTES

A terceira materia, Tecnoloxías Intelixentes, ten como obxectivo reforzar o sistema educativo galego de cara ao próximo ano. Ofertarase en 1º curso de bacharelato cunha carga horaria semanal de catro sesións lectivas. Esta materia céntrase na aprendizaxe automática desde unha perspectiva de programadores de sistemas intelixentes e brinda ao alumnado uns coñecementos específicos como aprender a obter e preparar os datos para adestrar sistemas, empregar técnicas de modelado estatístico, utilizar diferentes tipos de redes neuronais, manexar librarías dixitais ou avaliar a calidade dos resultados obtidos por modelos automáticos.

Instituto de Soutomaior no inicio do curso escolar / ANA VARELA/XUNTA
Instituto de Soutomaior no inicio do curso escolar / ANA VARELA/XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta