Rosalía, personaxe de Google

O buscador máis importante do mundo utiliza unha imaxe e un poema da escritora galega para conmemorar os 178 anos do seu nacemento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2015 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Rosalía de Castro dá o salto a Google. O popular buscador celebrou o 178 aniversario do nacemento da escritora cun doodle estático no que aparece a súa imaxe con fragmentos dun dos seus poemas máis coñecidos; "adios ríos, adios fontes".

Non é a primeira vez que Google utiliza o seu doodle para resaltar un evento cultural ou unha personaxe histórica, pero é a primeira vez que acontece cun escritor galego.

Considerada na actualidade como unha escritora indispensable no panorama literario do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares Galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Ademais, é considerada xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da poesía española moderna.

Doodle estático de Google coa imaxe de Rosalía
Doodle estático de Google coa imaxe de Rosalía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 galego

Probade a usar o google directo en galego, en vez do google.es con opción de galego: https://www.google.com/?hl=gl&gws_r...

5 Alba do día

E na páxina principal da Xunta ( http://www.xunta.es/portada), que salienta hoxe?... "alerta vermella na costa das provincias da Coruña e Lugo" !!!!!!

4 non vos creades o conto

Comentario #1 no Chuza --> http://chuza.org/story/google-dedic... Inda lhe imos ter que agradecer a o ministerio da governacao esta antroidada

3 Ameneiro

Está bem, mas só é em Google España. Tampouco é para que seja notícia.

1 Arnoia

Se fose Saramago sería noticia en toda a galaxia.

2 eusi

O mesmiño que fixo a Xunta de Galiza nas suas ligazóns, por non falar do incomiabel traballo que fixo para que Google puxese esa reseña....PP ao PParo