Altri recibirá asesoramento da Xunta para acceder ao Perte e financiar a planta proxectada en Palas de Rei

O PP aprobou cos seus votos unha iniciativa do PSdeG para este obxectivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O PP e o PSdeG aprobaron no Parlamento galego cos seus votos unha iniciativa que insta á Xunta a que ofreza asesoramento técnico e económico á compañía portuguesa Altri para que poida beneficiarse das convocatorais Perte para financiar a posta en marcha da súa planta de fibras téxtiles proxectada para o municipio lugués de Palas de Rei.

A proposición non de lei foi debatida na Comisión 6ª de Economía e Industria da Cámara autónomica celebrada este venres, onde o BNG se abstivo na votación da iniciativa dos socialistas, que aceptaron incluír no texto unha adición dos populares.

Por unha banda, a proposta aprobada insta ao Goberno galego a ofrecer a súa axuda a Altri para que poida acudir "con garantías" ás convocatorias dos Perte, de cara a lograr financiamento para a súa factoría de fibras téxtiles na provincia de Lugo.

Os populares lograron que o PSdeG aceptase incluír un segundo parágrafo na iniciativa que se dirixe ao Goberno central para pedirlle que cumpra co seu compromiso de "garantir" o financiamento "necesario" para a creación desta fábrica a través de Fondos Next Generation.

O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, reunidos co CEO de Altri, José Soares de Pina
O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, reunidos co CEO de Altri, José Soares de Pina | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta