A "falta de compromiso" do Goberno central fai que a CIG abandone a negociación do Estatuto Marco sanitario

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

A CIG-Saúde súmase aos sindicatos CCOO, UXT e CSIF e levántase da mesa de negociación co Ministerio de Sanidade para establecer o Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde porque ve no Goberno central "falta de compromiso".

A través dun comunicado, a central nacionalista galega lamenta que "despois de oito meses de reunións" con intercambios de propostas, a reunión do pasado luns, 24 de abril, pechou unha fase do diálogo sen que o novo ministro, José Miñones, "fixese nin un mínimo xesto de recoñecemento da importancia da negociación en marcha, nin mostrase nin un mínimo compromiso" con alcanzar o novo estatuto.

Así, a CIG-Saúde aposta por establecer nel "normas xerais de funcionamento" con ferramentas para que as comunidades exerzan as súas competencias. Para o seu secretario, Manuel González Moreira, hai temas que "ben merecen o esforzo de redactar" o novo Estatuto, entre elas a regulación básica da xornada, a xubilación, a promoción interna, a dedicación exclusiva ao sector público e a actualización das funcións de cada categoría.

Neste contexto, a CIG-Saúde espera que o Ministerio presente un novo documento "para a negociación real" do Estatuto Marco que demostre a súa "vontade política".

Varios sanitarios ao redor dun paciente ingresado na UCI
Varios sanitarios ao redor dun paciente ingresado na UCI | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta