O Estado destina máis de 103,8 millóns para consolidar a transformación da FP en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O Goberno, a proposta do Ministerio de Educación e Formación Profesional, aprobou este mércores a distribución de 103.802.507 euros a Galicia para a posta en marcha de distintas actuacións no ámbito da FP, que consoliden a transformación do modelo na comunidade.

O investimento total para todas as autonomías ascende a 1.307 millóns de euros, distribuídos en cinco acordos en materia de calidade educativa, modernización, cualificación e recualificación (reskilling e upskilling), formación profesional para o emprego e reforzo dos centros de capacitación.

En concreto, Galicia recibirá unha primeira partida de 23,2 millóns de euros dirixida ao desenvolvemento de medidas de modernización e crecemento do sistema educativo de Formación Profesional, que conta cun investimento global de 299 millóns.

Estudante Formación Profesional, nunha imaxe de arquivo
Estudante Formación Profesional, nunha imaxe de arquivo | Fonte: GVA Educació

Como parte desa primeira partida, o Consello de Ministros deu o visto e prace a dous acordos. Por unha banda, un investimento de 273,3 millóns de euros, dos que 21,4 millóns corresponden a Galicia, destinados a accións do Plan de Modernización da FP, tales como a acreditación de competencias profesionais de 40.000 persoas, a creación de grupos bilingües, a posta en marcha de 38 aulas de tecnoloxía aplicada e a creación de novas aulas de emprendimiento, ata un total de 100.

Doutra banda, habilita un programa de cooperación territorial para o impulso de accións de calidade dotado con 25,7 millóns, dos que Galicia percibirá máis de 1,7 millóns de euros. Isto inclúe, ademais a participación na rede de centros de excelencia, mobilidade de profesores e alumnos dentro e fóra de España e accións de difusión.

FONDOS MEDIO RURAL

Tamén o Goberno e comunidades autónomas acordaron este mércores na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, que estivo presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a distribución de 294,61 millóns de euros para o financiamento de distintos programas agrícolas e gandeiros.

En concreto, a maior parte esta cantidade corresponde á distribución dun crédito de 158,21 millóns de euros para o financiamento dos Programas de Desenvolvemento Rural e as intervencións do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta