Case 12.500 opositores aspiran a 119 prazas de subalterno na Xunta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2023 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproban e fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición.

En total, preto de 12.500 aspirantes participarán o próximo mes de xullo nas oposicións para acceder ás 119 prazas da agrupación profesional da Administración Autonómica galega. Deste xeito, o Goberno galego resaltou que de todos os procesos selectivos da Xunta "este é ao que concorre un maior número de aspirantes".

A lista de persoas excluídas, con indicación de cáusaa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da resolución que se publica no DOG.

Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta