O Concello de Santiago ordenou a Desproi clausurar o seu local por non ter licenza de actividade

Compostela Aberta pide explicacións ao goberno de Bugallo, que afirma que está en proceso de alegacións

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/05/2023 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A concelleira de Urbanismo do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, asinou un decreto con data do 17 de abril no que se ordenaba o peche (nun prazo de cinco días) do local de Desproi Promocións situado en República Checa, 52, no polígono de Costa Vella, xunto coa "suspensión de actividade do centro de negocios, aluguer de oficias e almacén". O nome comercial correspóndese con Cadoiro Centro de Negocios.

Este decreto, sobre o que Compostela Aberta pediu este mércores explicacións ao goberno local, baséase en que o desenvolvemento da actividade fíxose sen título habilitante e, por tanto, nunha irregularidade urbanística, sendo --indica no decreto-- "o uso das oficinas que se desenvolven no soto dous non legalizable".

Desproi é a empresa que debía máis de 170.000 euros por tributos non pagos (intereses xa incluídos), coa que o Concello de Santiago contratou as súas instalacións para trasaldar as oficinas de Medio Rural e Parques e Xardíns tras o desaloxo das anteriores, na antiga estación de autobuses.

Este contrato acabou motivando a dimisión do que era concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, tras descubrirse que era socio (a través doutra empresa, Gaia) de Desproi, accións que vendeu cando xa se aprobou en xunta de goberno local a contratación coa entidade.

República Chega, 52, no polígono de Costa Vella, sede de Desproi
República Chega, 52, no polígono de Costa Vella, sede de Desproi | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta