Xa hai calendario de exames para os 72.000 opositores a un dos 1.598 postos da Xunta

Rueda di que é a "maior convocatoria de oferta pública da historia de Galicia".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/05/2023 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Xa hai calendario de exames para as oposicións en Galicia. As probas estenderanse desde xullo ata febreiro de 2024. Así o confirmou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destacou que este proceso é a "maior convocatoria de oferta pública da historia de Galicia".

Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo

Así, hai 72.000 opositores convocados para os 92 procesos selectivos que terán lugar entre este xullo e o vindeiro febreiro.  Estes miles de candidatos terán que opositar para acadar 1.598 prazas, das que 74 son de promoción interna e as outras de acceso libre. Destas últimas, 812 son polo sistema de estabilización. 

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda dixo que 25 dos procesos selectivos terán lugar no recinto feiral de Silleda e o resto ou na EGAP ou na Facultade de Dereito. Os exames comezarán en xullo e continuarán en setembro, outubro, novembro e febreiro de 2014.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta