"Inevitable" unha nova folga do transporte de autobuses tras fracasar as negociacións coa patronal

A reunión mantida durante case 12 horas o xoves concluíu sen acordo e os traballadores preparan xa os paros a partir do luns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2023 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Os sindicatos do sector de transporte de viaxeiros ven "inevitable" a folga indefinida convocada a partir do próximo luns 8 de maio despois de que a reunión mantida o xoves durante case 12 horas entre representantes dos traballadores e patronal terminase sen acordo.

Ao longo de toda a xornada, sindicatos e empresas volveron sentar a negociar co Consello Galego de Relacións Laborais como mediador para tratar de alcanzar un pacto que salvase a folga. E é que as partes non están chamadas a retomar as negociacións polo momento. De feito, os sindicatos celebrarán ao longo deste venres asembleas locais para preparar os paros que se iniciarán na medianoite do luns 8 de maio.

Así o relataron a Europa Press fontes presentes na mesa de negociación do xoves, no que, segundo estas voces, as posturas entre parte social e empresarial afastaron máis as súas posturas, co que un acordo que evite a folga está hoxe "moi lonxe".

Grazas a un principio de acordo que contemplaba a actualización das táboas salariais dos últimos anos para compasalo aos prezos do IPC, patronal e sindicatos salvaron a folga de 48 horas convocada.

As partes volveron atoparse o martes nun primeiro achegamento e emprazáronse a outra reunión para este xoves que se prolongou desde primeira hora ata pasadas as 21,30 horas sen que se chegase a un acordo para asinar novos convenios provinciais.

"Lonxe de acercanos, volvemos cara atrás", relataron fontes sindicais presentes na negociación consultadas por Europa Press, que apuntaron que, ademais de existir friccións na organización das xornadas, as organizacións sociais non están conformes coa oferta económica que pon sobre a mesa as empresas.

Así as cousas, polo momento non está planeado que sindicatos e patronal volvan sentar para retomar as negociacións que permitan desencallar un conflito que levará á folga indefinida aos traballadores do transporte interurbano, o metropolitano, aos servizos escolares e a proximidades, así como ao urbano de Santiago e Lugo, onde se rexen polos convenios provinciais.

Varios axentes de Policía Nacional diante dun autobús durante unha folga do transporte de viaxeiros, na estación de autobuses de Santiago
Varios axentes de Policía Nacional diante dun autobús durante unha folga do transporte de viaxeiros, na estación de autobuses de Santiago | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

XUNTA

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, fixo un chamamento ao diálogo entre traballadores e empresarios do sector do transporte de viaxeiros ante a folga indefinida convocada a partir do próximo luns 8 de maio. Ademais, reivindicou o "esforzo sen precedentes" da Xunta co sector, "inxectando ademais dos 120 millóns anuais, 65 extraordinarios".

En declaracións aos medios tras reunirse co secretario xeral da Asociación de Marcas e Bicicletas de España, a representante da Xunta considerou que "hai tempo" de aquí ao luns para que se chegue a un acordo entre os representantes dos traballadores e a patronal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta