O PP tomba a inicitiva popular para mellorar a sanidade pública galega porque "é un problema en toda España"

O conselleiro de Sanidade di que a iniciativa era "política" e impulsada polo "BNG". A Plataforma SOS Sanidade Pública conseguiu máis de 50.000 sinaturas cidadás.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/05/2023 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

o'non' dos deputados do PP, que conta coa maioría absoluta no Parlamento de Galicia, impediu que saise adiante, este martes, o inicio da tramitación dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública que conseguiu solicitar máis de 50.000 sinaturas cidadás. Os populares votaron en contra da iniciativa alegando que o da sanidade "é un problema en toda España".

A encargada de defender o texto no pleno da Cámara foi Vanesa Viquendi, integrante de SOS Sanidade Pública e presidenta da plataforma Pediatras e Matronas Xa!, quen enumerou as "carencias" que ven no Servizo Galego de Saúde, singularmente na "falta" de profesionais.

"A sanidade pública galega está peor que antes e iso non hai 'Photoshop' que o corrixa", esgrimiu esta portavoz, quen explicou moitas das medidas proppostas, como fixar un máximo de 48 horas de espera para consultas en centros de saúde, aumentar as ofertas públicas de emprego e elevar ata o 25% o gasto total sanitario adicado á Atención Primaria.

Concentración en apoio á Atención Primaria, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia
Concentración en apoio á Atención Primaria, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia | Fonte: Europa Press

CARENCIAS DO SERGAS

Viquendi reivindicou as máis de 50.000 firmas presentadas que converten a esta ILP en "a máis apoiada da historia de Galicia", con cinco veces o número das requiridas (10.000). Centrou a súa intervención en enumerar as "carencias" que observan no Servizo Galego de Saúde (Sergas), concretamente no que respecta á "falta" de profesionais como médicos de familia, pediatras e matronas, a "maior parte" en concellos situados no rural.

Tamén criticou a "fuga de cerebros" dos sanitarios que se forman en Galicia, a convocatoria de "menos prazas MIR" por parte do Sergas que as que acredita o Goberno central, así como as "listas de espera interminables".

Así mesmo, lamentou que a Administración "non cobre baixas" nin "vacacións". Neste sentido, lembrou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de finais de 2022 que constatou que o Sergas vulneraba dereitos no ámbito da prevención de riscos laborais dos médicos de familia e pediatras.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Tras Viquendi, interviñeron os representantes dos tres grupos parlamentarios. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, insistiu en que os "recortes" dos últimos 14 anos converten ao Goberno galego e aos populares en "un perigo para a saúde" da cidadanía; mentres que o portavoz sanitario do Grupo Socialista, Julio Torrado, centrouse en cuestionar os argumentos da Xunta despois de coñecerse que a actual convocatoria MIR deixase 39 prazas de Medicamento de Familia sen cubrir en Galicia.

En fronte, o deputado do PP Alberto Pazos cargou contra a propia Plataforma SOS Sanidade Pública e pediulle que "deixe de lado o partidismo sanitario", porque a "falta de profesionais" é un asunto que afecta a toda España.

"INICIATIVA POLÍTICA"

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tachou de "iniciativa política" a ILP presentada.  A preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, sinalou que pola súa banda escoitou a proposta, pero argumentou que a persoa que fixo a defensa da mesma "apenas falou dez segundos" da mesma.

"Falou doutras cuestións con datos como que nos PACs non hai pediatras, nunca os houbo, non os hai, creo, que en ningún sitio de España, ou que derivamos pacientes da Atención Primaria á privada, cousa que non é certa", apuntou.

E é que para o conselleiro detraás da iniciativa lexislativa popular (IPL) hai "un compoñente político importantísimo". "Unha inciativa que promovía o BNG, que foi o que convocou a manifestación do 12 de febreiro que avala esta iniciativa", recalcou. Ademais, cualificou de "curioso que chegue ao Parlamento a semanas" das eleccións municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta