Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 13:19
Empresa e traballadores da concesionaria do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e punto limpo de Santiago, Urbaser, continúan sen alcanzar un acordo que evite a folga indefinida convocada a partir do próximo día 15 de maio.
Este luns, mantiñan unha reunión co obxectivo de chegar a puntos en común, pero o encontro, que se estendeu durante unhas seis horas, concluíu sen acordo. Aínda que fontes sindicais aseguraron a Europa Press que nalgún punto si houbo "achegamentos", quedan "varios escollos" para desconvocar o paro.
Polo momento, o comité de empresa non ten en axenda ningún outro encontro coa concesionaria nos próximos días e afirma que, en todo caso, están dispostos a reunirse, pero xa non depende deles. De non alcanzar un acordo, os traballadores comezarán unha folga indefinida a partir do próximo luns 15 de maio, coincidindo coa semana das festas da Ascensión na capital galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.