Morre nun accidente en Arnoia tras volver "de facer unhas curas" no PAC

Outras dúas persoas resultaron feridas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/05/2023 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu nun accidente en Arnoia ao saírse da vía e caer por un terraplén o vehículo no que viaxaba xunto a outras dúas persoas cando regresaban ao seu pobo de orixe desde o PAC. Unha das persoas implicadas saíu polo seu propio pé e unha terceira vítima foi excarcerada.

Fontes da Garda Civil e da Central de Atención ás Emerxencias informaron de que o sinistro se produciu ás 11,30 horas, cando se recibiron varias chamadas alertando do sinistro e das dificultades para saír do vehículo sinistrado. Así, foron mobilizados efectivos sanitarios, o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense, que tomou terra no punto, o GES de Ribadavia e os Bombeiros de Carballiño.

O sinistro tivo lugar á altura do quilómetro 25 da OU-0215, a estrada que vai de Arnoia a Cartelle, á altura da curva da Peneda. Segundo informou a Garda Civil, os tres implicados no sinistro son veciños de Sande, en Cartelle. Viñan do punto de atención continuada (PAC) de realizar unhas curas.

Accidente cun falecido en Arnoia ao caer por un terraplén un vehículo que viaxaba de Arnoia a Cartelle
Accidente cun falecido en Arnoia ao caer por un terraplén un vehículo que viaxaba de Arnoia a Cartelle | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta