Publicadas as listas definitivas de persoal admitido nas probas de enfermaría, ATS e inspector médico

Das 1.556 prazas ofertadas nesta categoría 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 á quenda de promoción interna, e 89 á quenda de discapacidade xeral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste mércores, os anuncios polos que se dá publicidade á relación definitiva de persoas admitidas nas probas selectivas para o acceso ás categorías de enfermeiro/a (estatutario) e ás clases de ATS/DUE e inspector/a médico de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria.

No que se refire a a categoría de enfermeiro/a, do total de 10.096 aspirantes admitidos/as, 9.815 corresponden a quenda de acceso libre. Así, solicitaron participar pola quenda de promoción interna un total de 123 aspirantes, todos eles profesionais do Sergas, con vinculación fixa, e que están a desenvolver as súas funcións noutra categoría profesional do mesmo ou inferior nivel de titulación.

Así mesmo, tamén resultaron admitidos un total de 158 persoas aspirantes pola vía de acceso de discapacidade xeral. Das 1.556 prazas ofertadas nesta categoría 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 á quenda de promoción interna, e 89 á quenda de discapacidade xeral.

En canto ás clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria, resultaron admitidas 303 persoas aspirantes na clase ATS/DUE, delas 289 pola quenda de acceso libre e 14 pola vía de acceso de discapacidade xeral. Na clase de inspector/a médicoresultaron admitidas 79 persoas, delas 74 pola quenda de acceso libre e cinco pola quenda de acceso de discapacidade xeral.

Está previsto que no fin de semana do 24 e 25 de xuño leven a cabo, no Recinto Feiral de Silleda, as probas selectivas nas que resultaron admitidos un total de 11.434 aspirantes, sumando os admitidos para a categoría de enfermeiro/a e as clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria:

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta