Así será o novo canon eólico da Xunta?

Parte do recadado será para o sector pesqueiro e outra para fortalecer o capital das sociedade público-privada constituída pola Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/05/2023 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou este xoves un novo canon para gravar as liñas de evacuación de eólica mariña irá entre os 10.000 e os 58.000 euros por quilómetro, segundo recolle o anteproxecto de lei de aproveitamento de recursos naturais.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, que aprobou este xoves o anteproxecto, o vicepresidente primeiro da Xunta explicou que "se establece unha contía por quilómetro, pero esa contía depende do tipo de liña que sexa", xa que "pode ir soterrada" e ser "de baixa ou media tensión". Posteriormente, a Xunta precisou o tipo de gravame e a cota tributaria. Así, segundo explica, a cota tributaria vén determinada pola aplicación á base impoñible de varios tipos de gravame anuais.

En liñas soterradas de evacuación, serán 10.000 euros por cada quilómetro de liña de evacuación; en liñas aéreas de evacuación que teñan unha tensión igual ou inferior a 30 kV, 22.000 euros por cada quilómetros; en liñas aéreas cuxa tensión supere os 30 kV pero sexa inferior ou igual a 66 kV, 29.200 euros e nas aéreas de máis de 66 kV e menos ou igual a 132 kV, 43.800 euros. Por último, en liñas aéreas de evacuación que teñan unha tensión maior de 132 kV e menor ou igual a 220 kV, a cota será de 58.000 euros por cada quilómetro de liña de evacuación.

TRES FINALIDADES

Este canon créase, segundo Conde, "dun modo similar" ao fondo de compensación ambiental, gravame que, segundo a Xunta, "vai garantir que parte dos beneficios destes parques reinvístanse no interese xeral de Galicia".

O que se recade, segundo informou Conde, vai ir a tres finalidades: labores de conservación e restauración do medio ambiente, fortalecemento da sociedade de participación pública e que o sector pesqueiro "teña a xusta contraprestación polo espazo marítimo que compartirá cos parques".

O anteproxecto fixa as cotas do canon "para que se poida aplicar de forma inmediata" no momento en que o Goberno central adopte os pasos precisos para a tramitación e materialización dos diferentes parques, incidiu Conde.

Parque eolico mariño
Parque eolico mariño | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta