A Xunta saúda as medidas do Goberno para o sector primario e espera que Galicia "non sexa discriminada"

O conselleiro José González tamén ve positivos os 5 millóns reservados para os apicultores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, saudou as medidas do Goberno para o sector primario aprobadas este xoves no Consello de Ministro e espera que Galicia "non sexa discriminada" cando se concreten unhas axudas "necesarias" nun contexto de subidas de prezos que vai "máis aló" da situación de seca que atravesa España pero non ten tanto impacto na Comunidade galega.

En declaracións aos medios difundidas pola Consellería do Medio Rural na tarde deste xoves, González incidiu en que "haberá que ver o diñeiro que lle corresponde a Galicia" do paquete de subvencións dotado con 355 millóns de euros para as explotacións de vacún de leite e de carne.

Estas axudas forman parte do real decreto-lei que inclúe un paquete de medidas urxentes de apoio ao sector agrario para facer fronte á prolongada situación de seca e ao agravamento das condicións do sector primario como consecuencia da guerra en Ucraína. O conselleiro tamén ve positivos os 5 millóns reservados para os apicultores e saúda que incrementen as axudas por vaca nutriz, medida que, segundo González, foron postas sobre a mesa pola Xunta de Galicia.

Esta e outras medidas aprobadas polo Consello de Ministros este xoves, continúa a Xunta, estaban recollidas na carta remitida polo conselleiro ao titular de Agricultura, Luís Planas; o que "demostra" que era o Estado "quen se tiña que facer responsable a nivel nacional e tiña capacidade orzamentaria e competencias" para facer fronte a esta situación.

O conselleiro do Medio Rural, José González, participará por vía telemática na Mesa da Seca. XUNTA
O conselleiro do Medio Rural, José González, participará por vía telemática na Mesa da Seca. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta