Música en galego dos anos 70 en 'Tu cara me suena 10' de Antena 3

Josie elixe "O tren" de Andrés do Barro neste popular concurso televisivo.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 13/05/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Josie entregouse en corpo e alma ao reto da sétima gala de 'Tu cara me suena 10', de Antena 3, imitando a Andrés do Barro, co seu popular 'O tren', o único cantante que alcanzou o número 1 en España cunha canción escrita en galego. Unha escolla que obrigou ao estilista de moda, natural de Castela A Mancha, a facer un curso acelerado de lingua galega..

O estilista de moda  Josie interpretando a Andrés do Barro
O estilista de moda Josie interpretando a Andrés do Barro | Fonte: Tu cara me suena

O xurado do concurso aplaudiu a Josie pola súa actuación e o seu esforzo de estudo co idioma. O concursante conseguiu darlle o punto de melancolía e tenrura de Andrés do Barro, todo un ídolo para moitas mozas dos 70. Ademais, a posta en escena trasladounos a eses anos ao verse en branco e negro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta