Día das Letras Galegas, da reivindicación da oposición ao institucionalismo da Xunta

Os líderes do BNG e PSdeG asisten á manifestación en Santiago de Compostela, en plena campaña, mentres que o presidente da Xunta irá ao acto instititucional en Lourenzá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

A cita coas urnas do próximo 28 de maio coincide na capital galega con dúas efemérides relevantes, xornadas de festa e reivindicación que teñen a súa primeira parada o 17 de maio co Día das Letras Galegas, festivo a autonómico en Galicia. Ese día, como é habitual, está prevista unha manifestación que percorrerá as rúas compostelás e que volverá reunir á esquerda e nacionalismo.

Así, está pervisto que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, teña neste acto una das paradas principais da xornada, na que estará coa candidata do Bloque á Alcaldía, Goretti Sanmartín. Tamén está prevista a presenza da dirección galega do PSdeG, cuxo líder, Valentín González Formoso, coincidiu con Pontón na manifestación de 2022 nas rúas compostelás, na primeira ocasión que o fixo como secretario xeral dos socialistas galegos.

Mentres, o acto institucional organizado pola Real Academia Galega (RAG) na Lourenzá (Lugo), en memoria do homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, reunirá ao presidente da Xunta (e líder do PPdeG), Alfonso Rueda, así como ao delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro.

En todo caso, a capital galega seguirá sendo epicentro da campaña electoral, xa que ao día seguinte, 18 de maio, celébrase o día central das festas da Ascensión, as 'máis compostelás' para os oriúndos de Santiago, motivo que levará de 'feira' aos líderes dos partidos.

Manifestación de Queremos Galego o Día das Letras Galegas, 17 de maio
Manifestación de Queremos Galego o Día das Letras Galegas, 17 de maio | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta