Só 18 persoas ingresan na Seguridade Social por cada 100 en idade de abandonar o mercado laboral en Galicia

Por cada 100 afiliados en alta laboral menores de 40 anos residían en Galicia 222 traballadores maiores desta idade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral galego contabilízanse 18 que ingresan ao sistema da Seguridade Social, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Ademais, en marzo de 2023, por cada 100 afiliados en alta laboral menores de 40 anos residían en Galicia 222 traballadores maiores desta idade. Os sete grandes concellos, fóra da Coruña e Ourense, presentaban, para este indicador, valores superiores á media.

Así, variaban desde 224,1 no concello de Vigo ata 239,2 en Ferrol. Na Coruña e Ourense o indicador atópase por baixo da media, xa que toma un valor de 209,1 no primeiro caso e 211,9 no segundo.

Nos últimos 12 meses, isto é, de marzo de 2022 a marzo de 2023, o número de cotizantes aumentou nas sete grandes cidades, e o maior incremento experimentárono A Coruña e Santiago, onde o dato subiu un 2,5% e un 2,7%, respectivamente.

Unha muller entra a unha oficina do SEPE, o día no que se coñeceron os datos de paro de maio, a 2 de xuño de 2021
Unha muller entra a unha oficina do SEPE, o día no que se coñeceron os datos de paro de maio, a 2 de xuño de 2021 | Fonte: Marta Fernández Jara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta