Ferido outro motorista nun accidente de tráfico

Foi en teo este martes. É o terceiro sinistro cun motorista nos últimos días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras chocar a moto na que viaxaba contra un coche no municipio coruñés de Teo. É o terceiro sinistro cunha moto nos últimos días.

O 112-Galicia tivo constancia deste accidente dez minutos despois das 8,30 horas. Varios alertadores informaban, a esa hora, dun grave accidente entre un coche e unha moto na rotonda das Galanas.

De inmediato, pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou á zona unha ambulancia para evacuar ao ferido. Tamén foron mobilizados axentes de Tráfico e da Policía Local, os Bombeiros de Santiago e os membros do GES da Estrada, así como Protección Civil.

Accidente de tráfico cun motorista implicado
Accidente de tráfico cun motorista implicado | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta