Máis de 8.700 aspirantes examinaranse o 2 de xullo para un centenar de prazas de administrativo C1 da Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a listaxe definitiva dos máis de 8.700 aspirantes admitidos para optar a 102 prazas do corpo administrativo (C1) da Xunta. En concreto, a resolución da Dirección Xeral de Función Pública coa totalidade de admitidos pode consultarse en: https://www.xunta.gal/funcion-publica.

A lista de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da resolución que se publica no DOG.

Oposicións ao corpo superior da Xunta
Oposicións ao corpo superior da Xunta | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta