PSOE 28M: Formoso reivindica a figura de Bugallo fronte á "amálgama nacionalista" e o "espectáculo" do PP

O líder socialista afirmou que o alcalde de Santiago e o seu equipo "levan protagonizando todos os cambios transformadores desta cidade" nos últimos anos.

Por E.P. | OURENSE | 18/05/2023 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a "solvencia personificada" no alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, fronte ás "amálgamas nacionalistas" e ao "espectáculo" do PP. O responsable socialista e o candidato á reelección visitaron este xoves as casetas montadas nas Festas da Ascensión, que coincidiu no ecuador da campaña electoral.

De feito, no seu percorrido e á entrada da Alameda, a comitiva socialista, na que estaban entre outros o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, cruzouse coa vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen acudiu á capital galega acompañada dos membros da candidatura de Compostela Aberta.

En declaracións aos medios, Formoso defendeu a solidez do proxecto de Bugallo fronte á "amálgama de proxectos nacionalistas que segregan" e que, aínda que asegurou respectar estas opcións, dixo que "non poden liderar o proxecto de cidade". Despois da alusión ao anterior goberno, referiuse ao "espectáculo" do PP á fronte da cidade, que terminou con "toda a corporación imputada e dimitida", sometendo á capital a unha "presión política indignante".

O xefe de filas dos socialistas galegos defendeu a figura de "un grande do socialismo e de Compostela", como na súa opinión é Bugallo, que constitúe "unha referencia" para a cidade desde os seus inicios no equipo do alcalde Xerardo Estévez. Formoso sinalou que Bugallo e que o seu equipo "levan protagonizando todos os cambios transformadores desta cidade" nos últimos anos.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago e candidato do PSOE á relección, Xosé Sánchez Bugallo, nas festas da Ascensión. CÉSAR ARXINA
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago e candidato do PSOE á relección, Xosé Sánchez Bugallo, nas festas da Ascensión. CÉSAR ARXINA | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta