Descobre os catro radares galegos que están entre os que máis multas poñen de toda España

Máis de 1.000 dispositivos da DXT formularon case 4 millóns de denuncias en 2022, un 21,2% máis que en 2021.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/05/2023 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A listaxe de 50 radares fixos e de tramo que impuxeron máis multas en España o ano pasado inclúe catro situados en Galicia: dous na A-55 ao seu paso por Mos (Pontevedra), un na A-8 entre Abadín e Mondoñedo (Lugo) e outro na AC-11, na Coruña cidade.

De acordo coa listaxe publicada este xoves pola organización de defensa dos condutores Automobilistas Europeos Asociados (AEA), un dos da A-55 é o oitavo dispositivo de toda España en número de denuncias, con 42.366 en todo 2022. En concreto, é o que está situado no quilómetro 9,19 desta vía, en Mos.

O segundo radar máis 'multón' de Galicia --ocupa a posición 32ª no ranking español-- está neste mesmo municipio e nesta mesma estrada, no quilómetro 11,7. O ano pasado impuxo 17.751 infraccións. O terceiro --número 35 a nivel estatal-- que máis denuncias puxo na Comunidade galega, con 16.352, foi o radar de tramo instalado no quilómetro 545,1 da A-8, entre os municipios lucenses de Abadín e Mondoñedo.

Finalmente, o cuarto dispositivo máis 'multón' de Galicia --posición 37ª de España-- trátase do situado na Avenida Alfonso Molina da Coruña (AC-11, quilómetro 3), con 15.644 infraccións detectadas.

Arquivo - Imaxe da estrada C-59 onde entrarán en funcionamento dous novos radares de tramo. TRÀNSIT - Arquivo
Arquivo - Imaxe da estrada C-59 onde entrarán en funcionamento dous novos radares de tramo. TRÀNSIT - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta