Un xulgado exonera unha débeda de 17.000 euros a un ourensán pola lei de segunda oportunidade

Coa súa nómina só podía afrontar os gastos da súa unidade familiar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense fallou a exoneración dunha débeda de 17.154,7 euros a un particular, quen tamén poderán manter a súa vivenda grazas á lei da segunda oportunidade.

Este fallo, con data de abril de 2023, acorda conceder a exoneración do pasivo insatisfeito e inclúe que este veciño de Ourense poida manter a súa vivenda en propiedade, co acordo dunha hipoteca asumible.

Segundo explica a Asociación de Axuda ao Endebedamento nun comunicado, este caso trátase dun home que contaba cunha nómina que "non lle permitía cubrir os gastos da súa unidade familiar, xa que dependían económicamente del a súa exmuller e un sobriño desta". "Isto fixo que empezase a contratar diferentes préstamos e cartóns para axudar a familiares", o que creou unha débeda imposible de afrontar.

Neste tipo de proceso, preséntase un escrito ante o xulgado no que se informa da situación do debedor e comézase un período de negociacións, polo cal o afectado non debe pagar nada e está protexido de embargos ata o final do proceso. Tras presentarse ante notario un plan de pagos --que os acredores rexeitaron--, fíxose efectiva a solicitude de demanda de concurso ante o xulgado.

Para acollerse ao procedemento é necesario cumprir unha serie de requisitos, que cambiaron coa reforma concursal. Estes son: a insolvencia do interesado, non ser exonerado os últimos 5 anos e carecer de delitos de orde socioeconómica.

Exterior dos Xulgados da Coruña
Exterior dos Xulgados da Coruña | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta