A rede galega de espazos sen fume ampliarase a prazas, campus, piscinas e campos de fútbol

A poboación fumadora en Galicia de 16 ou máis anos é do 20,8%

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2023 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que a rede galega existente de espazos sen fume ampliarase a prazas públicas, campus universitarios, piscinas descubertas e campos de fútbol, tal e como xa existen praias e parques neste programa.

Así o expuxo en relación co plan de actuación contra o tabaquismo 2023-2027, chamado Plan Inspira Saúde, que buscará atallar o consumo de tabaco por parte de adolescentes e contará cunha rede de apoio a persoas que queiran deixar de fumar. Ademais, establecerase o 31 de outubro como día galego sen tabaco.

Esta estratexia conta con cinco liñas: que exista "unha xeración futura libre de fume", reducir a prevalencia do consumo, detección precoz de enfermidades --o 80% as mortes por cancro de pulmón débese ao tabaquismo--, realizar vixilancia epidemiolóxica e formación continua.

A poboación fumadora en Galicia de 16 ou máis anos é do 20,8%, con datos de 2021, e unha prevalencia de fumadores diarios do 16%. O obxectivo marcado por estratexia é que a prevalencia baixe ao 15% en 2027. Tamén se busca que a prevalencia de consumo por parte dos adolescentes sexa menor do 5%.

PLAN CORRESPONSABLES

Noutra orde de cousas, o Consello da Xunta autorizou a orde para un novo Plan Corresponsables, polo cal se destinan case 2,8 millóns de euros en subvencións --un 10% máis que a anterior convocatoria-- a federacións deportivas en 2023 para favorecer a conciliación a través do deporte.

Ademais, apróbase a superación da porcentaxe máxima de pagos anticipados ata o 80%, polo que as entidades que se adhiran poderán afrontar o desenvolvemento do programa coa subvención concedida e sufragada.

En 2022, participaron un total de 18 federacións deportivas, tales como baloncesto, fútbol, esgrima ou piragüismo, entre outras. Participaron 17.760 menores en máis de 2.500 actividades en 175 municipios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta