O 061 forma a 170 alumnos da Estrada en soporte vital básico e técnicas de reanimación

Nos nenos de entre 12 e 13 anos considéranse que son os máis efectivos para ser adestrados

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 organizou este venres unha xornada formativa sobre soporte vital básico e técnicas de reanimación cardiopulmonar básica na que participaron 170 escolares do Concello da Estrada con motivo do Día internacional das urxencias e emerxencias, que secelebra o sábado.

A formación, que tivo lugar no recinto feiral Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, estivo impartida por 20 instrutores -técnicos en emerxencias sanitarias do 061 de Galicia, persoal sanitario de Atención Primaria da Estrada e membros do Grupo de emerxencias supramunicipal deste concello-. Nela, participaron 170 nenos de entre doce e trece anos que actualmente cursan primeiro da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) nos diferentes centros escolares da Estrada.

Precisamente, é este grupo de idade o que se considera máis efectivo para ser adestrado en técnicas de reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico; tanto para aprendelas e polas en práctica, como para ensinalas a outras persoas que as descoñezan. Por este motivo, a Fundación Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, implantou no ano 2009 o programa RCP na aula, que instrúe nas técnicas de soporte vital básico a escolares de primeiro da ESO.

O programa RCP na aula comezou na cidade de Lugo coa formación dos profesores dos centros educativos que á súa vez ensinaban aos nenos a realizar as manobras de soporte vital básico. Posteriormente, foi implantándose no resto de concellos galegos, ata estenderse a toda a Comunidade Autónoma. Actualmente, o programa RCP na aula leva formados 17.887 escolares nestes 14 anos.

Xornada de formación en RCP para escolares.. 061
Xornada de formación en RCP para escolares.. 061 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta