Seis feridos nunha colisión múltiple entre sete coches e un camión

O accidente tivo lugar de madrugada en Redondela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2023 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Seis persoas foron evacuadas, dúas delas excarceradas, tras producirse unha colisión múltiple en Redondela, cun camión e outros sete vehículos implicados.

Segundo informou o 112, o sinistro tivo lugar ao redor das 01,15 horas na N-550, á altura do punto quilométrico 145, ao seu paso pola parroquia de Quintela. Nese momento, varios particulares contactaron co servizo para informar dun choque con diversos vehículos implicados e con persoas posiblemente atrapadas.

De inmediato, desde o 112 púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño e dos efectivos do GES de Mos e de Protección Civil de Redondela.

Nada máis chegar ao momento, os equipos de emerxencia confirmaron que se trataba dun accidente con oito vehículos implicados: un camión e outros sete vehículos. Ademais, informaron que, en distintos turismos, había dúas persoas que non eran quen de saír polos seus propios medios. Deste xeito, foi necesario empregar o material de excarceración para liberalas.

En total, o equipo de urxencias médicas trasladou a seis persoas, feridas de diversa consideración, ao Hospital Álvaro Cunqueiro e a Povisa.

EXCARCERADO EN ARZÚA

Por outra banda, este sábado unha persoa tivo que ser liberada polos bombeiros despois de sufrir unha saída de vía co seu vehículo e caer por un desnivel en Arzúa.

Un equipo de excarcelación dos bombeiros
Un equipo de excarcelación dos bombeiros | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta