Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 00:25
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ratificou o "ascenso" da formación tras a noite electoral deste 28 de maio, que lle permitiu multiplicar apoios en moitas localidades e uns resultados que lle permitirán entrar "en máis gobernos". Así, asume a "responsabilidade" que, ao seu xuízo, danlle os galegos para abrir "un tempo novo" en 2024.
Nunha comparecencia na que recibiu aclamacións de "presidenta", xunto a unha candidata coa que se envorcou en campaña, a de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; Pontón festexou uns resultados que ratifican tamén a súa predición de que a capital galega ía facer " historia coa primeira alcaldesa nacionalista", se se ratifican --como é previsible-- os apoios das outras dúas formacións de esquerda para alcanzar a maioría absoluta que necesita para facerse co bastón de mando.
Pontón salientou que o BNG "se afianzou dunha maneira moi clara nas cidades" e consolidou "unha tendencia ascendente", con resultado como "duplicar" en Vigo e "manter a alcaldía" de Pontevedra, aínda que neste caso con perda de dous concelleiros e a primeira posición de lista máis votada en favor do PP.
"Acollemos esta responsabilidade con humilidad e con toda a ambición de país. Galicia necesita abrir un tempo novo e temos a responsabilidade con este país. Imos traballar desde a humildade, sen descanso, para que en 2024 se abra un novo ciclo e fagamos historia neste país", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.