O INE sinala un aumento dun 2,5% o número de médicos en Galicia, menor incremento que a media

Con todo, este incremento é inferior ao avance medio do 3% que se rexistra no país, onde hai un total de 292.413.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O número de médico colexiados situouse en 15.534 en Galicia en 2022, o que supón 386 máis que un ano antes (+2,5%), segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns.

Con todo, este incremento é inferior ao avance medio do 3% que se rexistra no país, onde hai un total de 292.413.

Así, a taxa é de 562,55 facultativos por cada 100.000 habitantes, inferior tamén á media española 598,91. A de Galicia é a sexta menor taxa entre comunidades, con Aragón á cabeza (724,73) e Castela-A Mancha á cola (471,24).

Do total xeral de médicos colexiados na comunidade galega, o 17,8% están xubilados e o 82,16% non están xubilados. A taxa de xubilados é do 17,44% en España e de non xubilados do 82,56%.

Por provincias, A Coruña lidera os colexiados (7.102), seguida de Pontevedra (4.934), Lugo (1.764) e Ourense (1.734).

Pola súa banda, o número de enfermeiros colexiados en Galicia é de 5.481 en 2022, o que significa 28 máis que un ano antes (+0,5%). Este incremento está lonxe do 2,1% de aumento en España.

Instrumental médico. Foto de recurso. GOBERNO DE CANTABRIA
Instrumental médico. Foto de recurso. GOBERNO DE CANTABRIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta