Baltar reivindica o seu poder en Ourense: "Logramos a maior porcentaxe de apoio"

Explica que manteñen os 12 deputados provinciais ao faltar "154 votos no Ribeiro" para obter o representante da maioría absoluta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, puxo en valor este luns os datos alcanzados polo Partido Popular na provincia, na que logra a "maior porcentaxe" de apoio á formación e consegue ser a forza máis votada en 60 de 92 concellos e ten posibilidade de "aumentar o poder territorial".

Baltar pronunciouse deste xeito en declaracións difundidas aos medios tras a reunión da xunta directiva provincial, encontro no que se analizaron os resultados obtidos pola formación nos comicios do domingo. Na súa intervención, destacou que na cita aprobouse por unanimidade o informe de xestión e analizáronse uns resultados que dan posibilidades ao PP de "aumentar o poder territorial en canto a gobernos".

O presidente do PP de Ourense sinalou tamén que manteñen os 12 deputados provinciais cos que o PP contou neste mandato, tendo en conta que "faltaron 154 votos no Ribeiro" para obter o representante que lles daría a maioría absoluta. Ademais, felicitou aos compañeiros pola campaña e sostivo que, en máis da metade dos concellos da provincia o PP superou o 50% do apoio.

O presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante un pleno ordinario da Deputación de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante un pleno ordinario da Deputación de Ourense | Fonte: Agostime - Europa Press

FEIJÓO

Tamén asegurou que o Partido Popular na provincia está preparado para encarar as próximas eleccións xerais do 23 de xullo co obxectivo de que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente da Xunta. Así o destacou este luns en declaracións difundidas aos medios tras a reunión da xunta directiva provincial celebrada este luns tras as eleccións municipais do domingo.

Na súa intervención, Baltar sostivo que os populares ourensáns teñen a "maquinaria engraxada" para afrontar estes comicios, que encaran "con moita forza" co obxectivo que o "ourensán" Alberto Núñez Feijóo "sexa o próximo presidente do goberno de España".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta