Máis de 3.000 admitidos para selección temporal de diversas categorías do Sergas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a relación definitiva dun total de 3.247 persoas admitidas no proceso de elaboración de listas de selección temporal de diversas categorías.

En total, realizáronse 3.271 inscricións, dos que resultaron admitidos 3.247 aspirantes. O 14,2% das novas inscricións realizáronse despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só quedan excluídas o 0,73% das solicitudes.

En concreto, trátase das categorías de enfermeiro: especialista en saúde mental (144 aspirantes), traballo (117), familiar e comunitaria (390), obstétrico-xinecolóxico (489) e pediátrica (157). Tamén en categorías de médico: de familia (1.011), de urxencias hospitalarias (515), coordinador do 061 (130), asistencial do 061 (176) e pediatra de atención primaria (118).

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta