Só o 30% deputados galegos que se presentaron como cabezas de lista nas municipais poderán gobernar

11 parlamentarios do PP e 4 do BNG encabezaban listas municipais este 28M.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/05/2023 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Só cinco dos 15 deputados do Parlamento de Galicia que se presentaron como cabezas de lista nas eleccións municipais deste pasado domingo para facerse cunha alcaldía conseguiron os votos suficientes para conseguir gobernar. En concreto, ata un 20% dos parlamentarios autonómicos (11 do PPdeG e catro do BNG) batéronse na area local para tratar de facerse co bastón de mando dos seus respectivos concellos, pero só cinco deles conseguiron o apoio suficiente para permitirlle, a priori, gobernar.

É o caso de José Manuel Rey Varela, que logrou este domingo maioría absoluta para o PP en Ferrol, polo que para ser investido alcalde, terá que deixar os seus asentos no Pazo do Hórreo. Na mesma situación queda Ovidio Rodeiro, de Boqueixón; Dani Veiga, de Ribadeo, e Marta Nóva, de San Cibrao das Viñas. Todos eles conseguiron maioría absoluta, polo que poderán gobernar nas súas localidades.

Votación no Parlamento de Galicia
Votación no Parlamento de Galicia | Fonte: Parlamento galego

Con todo, outros deputados 'populares' non correron a mesma sorte. Nin Elena Candia (Lugo) nin Borja Varea (Santiago) conseguiron maioría absoluta para o PP, polo que non poderán gobernar. Ambos quedaron a un e a dous edís, respectivamente, para a absoluta. Tampouco alcanzaron votos suficientes para facerse coa alcaldía Sandra Vázquez (Vilalba), Rubén Lorenzo (Carballo), Belén Cachafeiro (Forcarei), Belén Saído (Monfero) ou Fernándo Pérez, de Caldas de Reis.

BNG: CATRO ASPIRANTES, SÓ UNHA ALCALDÍA

No caso do BNG, con catro deputados que asistiron ás municipais como posibles alcaldables, só uno finalmente conseguirao, de producirse un pacto con outras forzas da esquerda. É o caso de Manuel Lourenzo en Soutomaior, que xa en 2019 conseguira un bo resultado, pero que non foi suficiente para gobernar. Nesta ocasión, con seis concelleiros, a un da maioría, previsiblemente poderá facelo co apoio do PSdeG-PSOE, que ten un edil.

No entanto, os outros tres parlamentarios galegos do Bloque non chegarán, polo menos nesta ocasión, a ser alcaldes. Na Rúa (Ourense), María Albert conseguiu dous concelleiros, baixando un. Pola súa banda, o PP contabilizou 5, podendo repetir pacto con RUA para volver investir a Álvaro Fernández como alcalde. No Incio, Carme Aira non conseguiu ningún edil, mentres que en Boimorto, Xosé Rivas 'Mini' logrou un concelleiro, baixando un, e co PP con maioría absoluta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta