128 aniversario do nacemento de Augusto Sandino

Augusto Sandino naceu o 18 de maio de 1895 en Niquinohomo, departamento de Masaya, Nicaragua. Foi emboscado por Anastasio Somoza, o 21 de febreiro de 1934.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 06/06/2023

Comparte esta noticia
Só coa traizón puideron os esbirros de Somoza inmortalizar a Sandino, quen dirixiu entre 1927 e 1933 a guerra de guerrillas nese país centroamericano contra o exército de ocupación dos Estados Unidos.
 
A súa loita contra o imperialismo xerou un dos primeiros movementos de solidariedade antiimperialista de todo o continente. A campaña do Comité “Mans Fóra de Nicaragua” creouse en México cos seguintes obxectivos expresados no primeiro número do seu boletín diario:
1) o envío de medicamentos e en xeral de auxilios médicos a Sandino, xa que son os únicos elementos que lle faltan para continuar a loita contra os invasores estranxeiros;
2) facer a propaganda máis ampla contra os procedementos do imperialismo norteamericano en Nicaragua, así como nos demais países latinoamericanos, e a favor da loita emancipadora de Sandino.
 
A epopea libertaria de Augusto Sandino transcendeu as fronteiras, transformándose en símbolo e bandeira dos pobos que loitan contra a opresión e o dominio de forzas externas. Varias foron as organizacións, nacionais e internacionais, que participaron na solidariedade activa, moitas delas ligadas directamente ao Partido Comunista Mexicano e á Comintern, entre elas a liga contra o Imperialismo e pola Independencia Nacional, o Socorro Obreiro Internacional, a liga Antiimperialista das Américas (Comité Continental e sección mexicana), a UCSAYA (Unión Centro Sud Americana e Antillana), a liga Internacional Prol Loitadores Perseguidos, a liga Internacional Antifascista; a Internacional dos Traballadores do Ensino, a Federación Anticlerical Mexicana, a Unión Patriótica de Haití, a Asociación dos Traballadores do Ferrocarril, a liga Nacional Campesiña e a Federación Mineira de Jalisco.
 
O Comité Directivo quedou conformado da seguinte maneira: como Presidente de Honra, Augusto César Sandino, e como Tesoureiros, o Profesor Rafael Ramos e o Doutor Carlos León. Como Secretario Xeral foi designado o peruano exiliado Jacobo Hurwitz. Outros membros destacados do Comité foron o pintor Diego Rivera; o dirixente comunista cubano Julio Antonio Mella; a fotógrafa italiana Tina Modotti e tamén o ex aprista Nicolás Terreros.  
As ideas e pensamentos de Sandino son lembrados en Nicaragua e o Mundo: “A miña maior honra é xurdir do seo dos oprimidos, que son a alma e nervio da raza”. A súa loita e o seu pensamento está máis vixente que nunca.  Sandino dicía: “A soberanía non se discute, deféndese coas armas na man.”
 

Augusto Sandino
Augusto Sandino | Fonte: Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.