Nove detidos nos operativos policiais abertos en Pontevedra e Ourense e Barcelona

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 31/05/2023 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil teñen en marcha este mércores operativos no centro da cidade de Pontevedra e en Ourense.

Coche Policia Nacional
Coche Policia Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

En Pontevedra, concretamente o operativo céntrase en dúas vivendas das rúas Joaquín Costa e Cruz Gallástegui. Testemuñas presenciais confirmaron que aínda non se practicaron arrestos, pero os axentes levaron caixas con documentación.

A operación esténdese á cidade de Ourense, onde a Garda Civil practicou rexistros nunha vivenda da avenida de Buenos Aires, entre outras localizacións do barrio do Couto e en Rairo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta