Catro anos de cárcere para as tres persoas detidas por traficar con droga en Lugo

O valor total da droga incautada ascende entre os tres detidos a case 117.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos de cárcere a tres persoas por traficar con droga nesta cidade, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A un deles, un veciño lucense que, polo menos dende 2020 ata 2021 adicábase á venda de cocaína no seu domicilio ou nas inmediacións, impúxoselle tamén o pago dunha multa de 100.000 euros. Ademais, foi condenado a seis meses de prisión por cometer un delito de resistencia.

Na sentenza, os maxistrados consideran probado que o acusado o 15 de marzo de 2021 abandonou a vivenda e subiuse a un taxi. Ao decatarse da presenza policial, arroxou dende o vehículo unha mochila e, escasos momentos despois, foi interceptado por axentes da policía. Con todo, os xuíces afirman que tratou de darse á fuga, algo que impediron os axentes, quenes procederon á súa detención, ante a que opuxo resistencia.

Ademais, a Audiencia Provincial de Lugo tamén condena, como autores dun delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á saúde, a catro anos de cárcere e ao abono dunha multa de 10.000 euros a outras dúas persoas por dedicarse á venda de tóxicos.

O valor da droga comisada correspondente, o importe total do valor das sustancias estupefacientes intervidas con relación ao acusado ascende a 92.958 euros. No caso dos outros dous, a do primeiro procesado ascende a 8.126 euros; e, a do segundo, a 15.041. O fallo non é firme, pois contra el cabe presentar recurso ante a Sala do Civil e Penal do TSXG.

Droga incautada en Silleda..
Droga incautada en Silleda.. | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta