A partir deste venres poderás solicitar xa a túa axuda para a adquisición dunha bicicleta eléctrica.

A solicitude da axuda estará dispoñible ata o 15 de novembro de 2024 e constará de ata 700 euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Este venres comeza o prazo para solicitar a axuda de ata 700 euros da Xunta para a adquisición de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido nos máis de 100 establecementos adheridos á iniciativa. As persoas interesadas poden solicitar o bono  ata o 15 de novembro de 2024, ou ata esgotar o fondo, a través dun establecemento adherido que será o encargado de tramitar a petición ante a Administración autonómica.

Segundo informou o Goberno galego, esta é unha convocatoria para os anos 2023 e 2024, para os cales hai un orzamento de 1,7 millóns de euros para fomentar unha "mobilidade máis sustentable e saudable". Nesta ocasión, o concepto de bicicleta eléctrica que se subvenciona engloba tanto a compra de bicicletas de pedaleo asistido como as híbridas ou eléctricas de man.

Ademais, o importe da subvención será de ata un 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido, cun límite de 500 euros. No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará ata un 60%, cun límite de 600 euros. A contía máxima, de 700 euros, é para aqueles que forman parte dunha familia numerosa con categoría especial, aos cales se prevé un bono de ata o 70% do importe.

A lista das empresas adheridas ao programa pode consultarse a través do enlace, o cal se irá actualizando. Así mesmo, as empresas participantes exhibirán nos seus centros de traballo ou puntos de vendas un cartel coa lema 'Enchúfate ao movemento EBici'.

Bicicleta eléctrica
Bicicleta eléctrica | Fonte: OgoTours.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta