Un bus urbano espétase contra unha ponte da AP-9 en Santiago

No autocar só viaxaba o condutor que tivo que ser excarcerado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O condutor dun autobus urbano de Santiago de Compostela resultou ferido ao sufrir unha saída de vía e chocar contra a ponte da autoestrada AP-9.

O sinestro produciuse ao redor das 15,40 horas deste sábado na estrada AC-481 ao seu paso por Outeiro do Castiñeiro, onde o autobús marchou de fronte na rotonda que dá acceso ao colexio Manuel Peleteiro e acabou impactando contra o viaduto polo que transcorre a autoestrada.

Nese momento, o autocar estaba unicamente ocupado polo chofer, que tivo que ser liberado por unha dotación dos bombeiros de Santiago desprazados ao lugar. Unha vez excarcerado, o ferido foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061.

O autobus accidentado realizaba a liña '6A', que durante os fins de semana cobre o traxecto entre o aeroporto de Lavacolla e Os Tilos, urbanización da que procedía no momento do accidente, rexistrado ao final dunha pronunciada pendente.

Ferido o condutor dun autobus urbano en Santiago ao saírse da vía e chocar contra unha ponte da AP-9
Ferido o condutor dun autobus urbano en Santiago ao saírse da vía e chocar contra unha ponte da AP-9 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta