Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 16:30
A Policía Local de Pontevedra detivo a un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, cometido este domingo na rúa Cruz Vermella.
Segundo informaron fontes policiais, a vítima e a súa parella mantiñan unha discusión na rúa na noite do domingo, sobre as 23.45 horas, cando el lle impediu o acceso á vivenda dos pais (do presunto agresor), onde residían.
"Colleuna por un brazo e impediulle entrar", explicaron estas fontes oficiais. Nese momento, a vítima chamou á Policía Local e o agresor arrebatoulle o teléfono e o bolso, e tiroullo. Así o relatou unha testemuña que se atopaba no interior dun vehículo no momento da agresión. Finalmente, o agresor foi detido, mentres a vítima foi traslada ao centro de saúde da Parda para ser atendida das súas lesións leves.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.