Cruce de denuncias electorais en Avión, o único concello onde sacou representación Vox

O Xulgado de Ribadavia abre dous procedementos tras recibir denuncias cruzadas de posibles delitos electorais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución de Ribadavia incoou dous procedementos tras recibir senllas denuncias por presuntos delitos electorais vinculados coas eleccións do 28 de maio.

Así, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), un dos procedementos abriuse por mor da denuncia de apoderados de Vox contra o candidato de Novos Aires por Avión, ao que acusan de "coaccionar a votantes dentro das cabinas". Neste sentido, fontes da formación que dirixe Santiago Abascal indicaron que a Garda Civil tomou declaración no acto tanto a apoderados deste partido como do PP.

Doutra banda, o xulgado abriu outro procedemento tras recibir unha denuncia do candidato de Novos Aires por Avión na que asegura que trasladaron a votar a persoas dunha residencia ás que lles entregaban unicamente papeletas do PP. Estes feitos, segundo esta candidatura, motivaron a chamada da Garda Civil e a declaración tamén nos xulgados --que difundiron en días pasados-- para pór en coñecemento esta situación.

A maxistrada do Xulgado de Instrución de Ribadavia está a practicar probas testificales. Polo momento, tomou declaración e citou a testemuñas, pero non citou a ningunha persoa en calidade de investigada.

Denuncian carreteo de votos en avión / REMITIDA NOVOS AIRES POR AVIÓN / Europa Press
Denuncian carreteo de votos en avión / REMITIDA NOVOS AIRES POR AVIÓN / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta