A Xunta fomenta o uso do galego en 858 centros cun total de 350.000 euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2023 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

A Xunta promove proxectos para fomentar o uso do galego neste curso escolar en 858 colexios e institutos de titularidade pública cunha contía total de 350.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución dos centros adxudicatarios, coa correspondente puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación dos centros excluídos coas causas de tal efecto.

Desta forma, do total de centros beneficiarios 336 pertencen á provincia da Coruña, entre os que se repartirán 134.623 euros; 114 da provincia de Lugo, con 45.231 euros; 80 á de Ourense cunha dotación de 30.557 euros, e 328 na provincia de Pontevedra, con 139.466 euros. Así, o Executivo galego indicou que as cantidades asignadas aos centros transferiranse nun único pago no período correspondente ao exercicio económico de 2023.

Os centros terán ata o 30 de xuño deste ano para presentar aos gabinetes provinciais a xustificación dos gastos correspondentes aos seus proxectos. De non facelo, poderán ser causa de revogación das cantidades asignadas.

Unha aula onde se imparte matemáticas en lingua galega
Unha aula onde se imparte matemáticas en lingua galega | Fonte: XdM galego

Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta