O verán traerá a Galicia preto de 33.500 contratos, segundo previsións de Randstad

A maioría destos contratos serán dentro do sector hoteleiro ou loxístico.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/06/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A empresa Randstad publicou as previsións de contratación para este verán. En Galicia, esperanse 33.540 postos de traballo, un 13,2% máis que no verán de 2022. Esto supón un 6,6% do total de España.

Un camareiro limpa unha mesa.  Europa Press
Un camareiro limpa unha mesa. Europa Press

Os sectores onde se crearán máis contratos serán o hoteleiro (37,4%), seguido do ámbito da loxística (28,9%). En menor cantidade, seguirán aos dous anteriores o comercio (15,6%), a hostelería (14,9%) e o ocio e entretemento (3,3%).

En relación aos datos por provincias, Pontevedra e A Coruña rexistrarán os volumes máis altos de contratación,14.390 e 13.100 respetivamente, seguidas por Lugo (3.730) e Ourense (2.320). En canto ao crecemento respeto ao verán do ano pasado, a variación máis grande darase en en Pontevedra (17%) e Ourense (13,2%), por diante dá Coruña (10,3%) e Lugo (9,9%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta